miércoles, 30 de abril de 2008

maldita adolescente

Maldita adolescente, pero non maldito libro

Este libro mandáronmo leer para clase de lingua xa hai algúns meses e podo dicir que é un dos poucos libros que me mandaron leer no instituto o que non lle puxen casi ningunha crítica, comeceino a leer antes de durmir e a verdade e que ese día non durmín moito, porque me quedei leendo ata as catro da mañá, e un libro que engancha desde o principio, fala dunha adolescente que vai cumplir os 16 anos, preocúpase por cousas típicas desta idade, esaxera moito calquera complexo, preocúpaa a opinión dos seus compañeiros sobre ela, a roupa, etc.
O largo do libro vaise contrapoñendo a vida de Adriana (a protagonista deste libro) e a vida de Iván un compañeiro da súa mesma clase que está loucamente namorado dela e sumido nunha importante depresión, porque se sinte inadaptado na sociedade, pero ela non se da conta do amor que Iván sinte por ela ata que ocorre unha catátrofe que marcará a súa vida e cambiará o seu modo de pensar.
É un libro co que me sinto moi identificada e recoméndollo atodo o mundo, en especial os adolescentes entre 15e 17 anos .
Antía, 4º ESO A

No hay comentarios: